Déixate sorprender por unha costa interminable!

Rodéate dunhas paisaxes máxicas para gozar da Natureza

Descobre un mundo baixo o mar

Para activarse ou para relaxarse… escolle a túa actividade!

Pasa e mira, coñece, toca, sente, participa!!

Un produto de primeira que non che deixará indiferente

Para coñecer a historia dun pobo…

Un auténtico festín de sabores, imaxes, sons e folclore

Ven disfrutar dunha Ruta que xira arredor dos
principais tesouros desta terra: Arte, Natureza,
Gastronomía e o cultivo da Faba de Lourenzá

Na Mariña Lucense os bosques confúndense co mar. É a Galicia Verde que se asoma ao Cantábrico. Preto de 100 km de costa salpicada de marabillas naturais. Da paisaxe solitaria da ría de O Barqueiro á grandiosidade da praia das Catedrais, un monumento natural escavado polo mar cunha dimensión sobrenatural. Do estuario do río Sor, paraíso de peces e aves acuáticas, ao estuario do Eo, Reserva da Biosfera. Pero ademais, Foz, Viveiro e Ribadeo, portos que conservan a pegada dun pasado señorial. En Cervo, Sargadelos, unha das cerámicas máis emblemática de Galicia. E no interior da Mariña Lucense, dous tesouros ocultos. Un é a Serra do Xistral, sombría e misteriosa, terra de turbeiras e cabalos salvaxes. O outro é Mondoñedo, no Camiño de Santiago (o do Norte), antiga sede episcopal cunha fermosa catedral do século XIII.

Concellos

Kilómetros de Costa

Praias

Areas Protexidas