Descobre un mundo baixo o mar.

O mar da Mariña Lucense posúe unha gran riqueza pesqueira marisqueira, cun produto de primeira calidade e moi fresco, capturado con artes de pesca artesanais e respectuosas co medio ambiente.

A frota pesqueira da costa da Mariña Lucense ten un volume global de descargas e vendas de peixe fresco e marisco de máis de 55 millóns de quilos de peixe, cifra superior a algún país da Unión Europea. Os seus máis de 120 millóns de euros ao ano, concentrados sobre todo en dúas das lonxas máis importantes de España (Burela e Celeiro), fan que a economía de toda a zona dependa en gran medida do sector pesqueiro.