
Déixate sorprender por unha costa interminable!
Con case cen quilómetros de litoral, na Mariña Lucense atoparás unha gran variedade de paisaxes con grandes contrastes, como os que ofrece unha costa abrupta e de cantÃs na metade occidental desde A Coruña, fronte a unha costa baixa e uniforme na metade oriental cara a Asturias.
Este litoral recortado de rÃas, cabos, illas e cantÃs conforman un amplo abano de posibilidades para o visitante, como os faros de Punta Roncadoira (Xove), Punta Atalaia (San Cibrao), Illa Pancha (Ribadeo) e moitos outros miradoiros con espectaculares vistas para gozar do litoral cantábrico.
Todos os concellos costeiros (O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo) ofrecen unha gran variedade de amplas praias de area fina e acolledoras calas para gozar do sol, do mar e dos paseos ao aire libre pola area ou polos numerosos paseos marÃtimos que percorren a costa, como o 8 km continuos de praias en Barreiros.
E de entre todas as praias: a Praia das Catedrais (Ribadeo) está de novo considerada este ano entre as mellores praias do mundo. Con máis de medio millón de visitas ao ano, é o segundo monumento máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago de Compostela. Consulta a táboa de mareas, visÃtaa durante a baixamar e goza nun dos areais máis espectaculares de todo o planeta dunha paisaxe realmente máxica por natureza, paseando baixo eses espectaculares arcos de pedra formados pola erosión do mar ao longo dos séculos.

O VICEDO | VIVEIRO | XOVE | CERVO | BURELA | FOZ | BARREIROS | RIBADEO |
Arealonga | Alegrin | Esteiro | O Torno | A Marosa | Areoura | Punta Aguieira | As Catedrais |
Fomento | Sacido | Muiñelo | Cubelas | Ril | Os Alemáns | Altar | Esteiro |
Vicedo Vello | Seiramar | Portocelo | Caosa | Cabaliño | Xuncos | San Bartolo | As Illas |
Vidreiro | Covas | Morás | Rueta | Portelo | As Polas | Remior | Xuncos |
CaolÃn | Celeiro | Lago | Chouza | Arealonga | Coto | Areosa | |
Xilloi | Area | Cantiño | Pampillosa | Pena da Salsa | Olga | ||
Toxido | Portonovo | Sarrido | Oliñas | Rocas Blancas | |||
San Román | Peizás | Balea | Cargadoiro | ||||
Pereira | Llas | Lóngara | Os Bloques | ||||
Abrela | A Rapadoira | Corveira | |||||
A Pasada | |||||||
Arealonga | |||||||
Moledo | |||||||
A Malata |


