Un festín de sabores, imaxes e sons

Na Mariña celébranse numerosas festas, feiras, romarías e exaltacións gastronómicas. Desde celebracións solemnes como a Semana Santa ata feiras tradicionais, de gando e Rapa das Bestas, festivais folclóricos, máxicas como a Queimada Popular ou a Maruxaina (Cervo e San Cibrao), ata outras citas totalmente festivas, como as festas patronais, procesións marítimas e romarías populares que cada concello celebra ao longo de todo o ano.

Festas gastronómicas relacionadas sobre todo coa pesca, como o bonito do norte, pescada, percebe, ourizo de mar, mexillón, berberecho, cadelucha, troita… A Festa da Faba (Lourenzá) é outra das principais citas gastronómicas.